viernes, 31 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN E METODOLOXÍA

Despois de once prácticas individuais chega o momento do traballo en grupo. A posta en conxunto servirá para escoller aquelas ideas que mellor defendan a tarefa proposta. Esta consiste en analizar unha obra dun dos maestros da arquitectura, neste caso a Casa Domínguez de Alejandro de la Sota.

Deixando atrás os métodos tradicionais de presentación en papel, este propónsenos coma unha nova experiencia. O blogue será o medio para a súa entrega e á súa vez unha forma para compartir o traballo co resto de compañeiros. Decidimos abandonar o papel vexetal e aplicar os métodos informáticos a todo o proceso: planos en Autocad, vistas en Sketch Up... os cales serán utilizados para expor de forma clara e sinxela todos aqueles aspectos analizábeis co aprendido ata o momento.

Por outra parte, farase unha comparación coa vivenda tradicional e coa Ville Savoye de Le Corbusier, intentando así mostrar distintas características da arquitectura universal.

1 comentario:

  1. Bo deseño e bo comezo. Espero que se manteña no desenvolvemento do traballo.

    ResponderEliminar